Sinopse
O xurado do Premio, integrado por Estíbaliz Espinosa, Fran Cortegoso e Estevo Creus escolleu a obra de entre as 27 presentadas considerando que “conforma un libro orgánico, con vontade de medrar en cada parte (desde o Nome ao Himno) e unha procura metafísica a través da lingua literaria. O tema da identidade a través do nomeamento do mundo, a sonoridade líquida da lingua e o uso dunha linguaxe clara para unha poesía que camiña por territorios que poden soar familiares (o xardín, o río) mais rozando certa abstracción. Unha poesía fonda e de teor filosófico que adentra en preguntas sobre o ser e o territorio. A voz do libro é unha voz limpa e nova, mais cunha madurez lírica considerable.”