Rexurdimento: a palabra e a idea

Autor
Angueira, Anxo
Editorial
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788491215776
Idioma
Gallego
Publicado
2019
Formato
application/epub+zip
8,49€

«Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea. Para iso estúdase a xénese do modelo historiográfico que está detrás do concepto (a «Renaissance» de Jules Michelet), así como a evolución e cronoloxía da palabra «rexurdimento» e o seu triunfo relativamente recente, xunto coa expresión «Séculos escuros», sobre outras alternativas. Para isto, pártese do modelo crítico «Le mot et l'idée» de Lucien Febvre, xa aplicado en Italia e Cataluña ós conceptos de «Risorgimento» e «Renaixença», movementos cos que o «Rexurdimento» se compara. Do máis revelador é o estudo do período 1916-1936, do que o profesor Anxo Angueira ofrece novas conclusións á luz da singular peripecia tanto da palabra «rexurdimento» como da idea e do modelo que leva aparellados, a partir especialmente da análise das obras de Antonio Villar Ponte, Vicente Risco e os daquela mociños Carballo Calero e Fernández del Riego. Tamén o é o estudo que se fai do tópico que vincula o Rexurdimento co romanticismo e o papel de Sarmiento, clave na emerxencia política, cultural e literaria da Galicia contemporánea.