Rosalía De Castro Autógrafos Poéticos

Autor
Henrique Monteagudo
Editorial
Fundación Barrié
ISBN
9788497521543
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
232
Formato
Cartoné
Colección
Tapa Dura
18,00€

Sinopse A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentaron a publicación Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos, que recolle os manuscritos salvados da queima ordenada por Rosalía de Castro do seu material literario. "Esta colectánea achega versos e fragmentos que permiten completar a obra poética da autora e entender mellor algúns dos poemas coñecidos", destacou o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero. Henrique Monteagudo, secretario da Academia e editor, advertiu que os materiais recompilados "permiten botar unha ollada nova sobre os procesos de creación, edición e difusión da obra poética de Rosalía, procesos mal coñecidos e que presentan moi significativos interrogantes, como pode ser o propio papel de Manuel Murguía". Por outra banda, Galaxia acaba de editar a biografía Rosalía de Castro. Cantos de Independencia e LIberdade (1837-1863), preparada por María Xesús Lama. Segundo a editorial, a biografía clara aclara sombras e desminte tópicos sobre algúns aspectos menos coñecidos da escritora. María Xesús Lama cuestiona neste libro "a teoría de que a poeta escribe, publica e se relaciona co mundo cultural por mediación de Murguía".