Sinopse
Alberto Avendaño foi un dos fundadores de Rompente, colectivo que a fins dos anos setenta protagonizou unha nova maneira de abordar o fenómeno poético. Vinte anos despois, Texas é unha descuberta, unha viaxe que leva o lector ao confronto cos personaxes, as vidas, as linguas e as culturas que enchen o espacio límite da chaira. O texto poético concibido como comunicación, pero tamén como fronteira e risco. Un ouveo de protesta a prol dos esquecidos, dos perdedores e dos rexeitados pola sociedade. Unha sensibilidade literaria que non canxa co silencio.