Un dedo manchado de tinta

Autor:
Manuel (1960-) Portas/Portas, Manuel
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788499146768
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Formato
application/epub+zip
Marca de agua digital
0,00€

Un dedo manchado de tinta non é unha novela, afirma categórico Gonzalo Salgueiro, ou polo menos non é unha novela ao uso, aclara el mesmo despois. E vai ser que si, que ten razón. Que isto non é unha novela e que el tampouco é un escritor que responda aos canons establecidos, nin Alberte vai ser un funcionario municipal arquetípico, nin Malulú un vendedor ambulante calquera, nin Carme, nin Cristina, nin Chus serán mulleres con historias do común. Mais a pesar da súa excepcionalidade, velaquí os temos, perfectamente verosímiles, pululando anónimos polas páxinas deste artefacto narrativo coa mesma naturalidade coa que transitan polas rúas de Compostela, coincidindo á espera de que se abra o semáforo da Senra, tomando café no Airas Nunes, sen rozárense, sen se coñeceren case, como moito intercambiando unha distraída ollada impersoal. Gonzalo certamente ten razón. Mais non toda.