Nas aulas dos institutos e dos colexios conviven alumnos que dirixen e producen as súas propias curtametraxes ou que simulan a creación de empresas con pezas que elaboran en impresoras 3D. Sorprende a habilidade dos máis pequenos para crear mundo vituais e tamén para expresar as súas emociòns: Síntome mal cando me dis isoö, escóitase en Infantil. Os avances nun mundo cada vez máis dixital e global demandan novas fórmulas de ensino. Os alumnos precisan fixar valores e destrezas para afrontar o presente e o futuro. É urxente adaptarse a un escenario cambiante, con profesións difíciles de prever, onde non serven os esquemas estáticos tradicionais. Na educación está a clave.Este libro é unha mostra de experiencias innovadoras en centros educativos de Galicia con numerosos galardóns autonómicos e nacionais. Os docentes que aplican métodos autonómicos e nacionais. Os docentes que aplican métodos exitosos explican os pasos que foron dando para adptarse a esta nova realidade e lograr o mellor do alumnado. As súas ideas poden servir de axuda a moitos outros mestres, profesores ou orientadores, ademais de guiar as familias na educación dos fillos e das fillas. Como indican os protagonistas desta ruta da innovación: Compartindo, melloramos todosö.