Anos setenta e oito, Suso Vaamonde, precursor de soños
na voz e na música, na palabra do noso Manuel María
sementando esperanzas cando en versos tecía un ronsel
cheo de luz nos nosos nenos poñía brillos de cores na ollada.
Cantaron xuntos á vida: quen canta os males espanta!
No vento a boar botaron aqueles "Soños na Gaiola"
alentos feito desexo, feitos de amor, cantarolas;
que aínda voan polo aire, aínda polo aire voan
para que soñen e canten, nenos e nenas, na escola!
Xaneiro de 2016
Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero)