Ás Veces Quero Morrer Coa Risa

Autor
Birgit Schlieper/Nina Stahl
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498654752
Idioma
Nº de páginas
184
Formato
Rústica
Colección
Costa Oeste
12,60€

O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da tremenda realidade, nin entender por que ten que morrer tan novo con todo o que lle queda por vivir: ter noiva, o primeiro coche, ir a concertos..., en definitiva, todo o que calquera adolescente devece por facer. Séntese furioso, desvalido e enganado pola vida. Todo semella inxusto. Ten que decidir onde pasar o tempo que lle queda, se seguir no hospital, onde está rodeado por persoas que comparten o mesmo fado, ou marchar cos seus pais. Mais coñece a Henene, unha rapaza que está aínda máis enferma ca el. Así, coa aparición do amor, descobre un posible sentido para o tempo que lle queda: quere pasalo con Helene.