.FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS.(O)

Autor:
Fina Casalderrey
Editorial:
Editora Oqo
ISBN
9788498716948
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
36
Formato
Cartoné
14,90€

Fiz non era como os demais cativos: era o máis medorento do mundo!
Unha noite vai ao baño e asústase tanto ao verse reflectido no espello, que cae na pota de desplumar os pitos.
A avoa, mentres o limpa, dálle unha idea: coleccionar medos. Entón Fiz empeza a gardar nun baúl todas as cousas que lle atemorizan e, deste xeito, consegue que os medos se vaian facendo máis pequenos; e as risas, máis grandes.
A autora, Fina Casalderrey, convídanos a expresarnos e rirnos de nós mesmos, sacar partido a todo o que nos asusta ou nos limita; xogar co medo, aceptalo e desdramatizalo.
A ilustradora, Teresa Lima, mostra a súa complicidade en elegantes e cálidas imaxes que nos achegan ao mundo fantástico da infancia, no que habitan tantos seres imaxinarios.