Sinopse
Gianfranco andaba obsesionado polo contido das pequenas latas creadas por Piero Manzoni en 1961. Quería abrir unha delas para averiguar se eran realmente as feces do artista as que estaban dentro. Este é o punto de partida dunha novela fascinante que, mesturando xéneros (realidade e ficción, novela negra, diario íntimo, ensaio...), percorre a arte máis subversiva e incomprendida do século XX.