31 Noites

Autor
Ignacio Escolar
Editorial
Morgante Edicions
ISBN
9788415166405
Idioma
Gallego
Nº de páginas
136
Formato
Rústica
Colección
Mudanzas
12,00€

«Na casa do colombiano atoparon dúas pistolas, unha escopeta recortada, unha machada de carniceiro, unha serra, algo de cocaína, tres teléfonos móbiles case prehistóricos e 19.000 euros en sete feixes de billetes engurrados, escondidos tras unha caixa da luz. Pero o que máis inquietou a Velasco, o único que lle alterou o pulso, foi un cuarto sen fiestras, con todas as paredes, o teito e o chan forrados de plástico, como o que se usa para protexer os mobles cando se vai pintar. Non había ningunha brocha na casa. o cuarto estaba limpo e completamente baleiro, agás por un caldeiro». A novela negra coa que Escolar se estrea no mundo da ficción comeza e remata nese cubo, que agarda por un cadáver por disolver. Nas entrañas da discoteca Premium, un xornalista acaba véndose envolto nunha trama de narcos, matóns de discoteca e débedas pendentes na noite de Madrid.