31.Blue Moon (Mandaio)

Autor
Xosé Carlos Caneiro
Editorial
Biblos Clube De Lectores
ISBN
9788493660765
Idioma
Gallego
Formato
Colección
Mandaio
16,00€

A procura constante da beleza, velaquí a clave de Blue Moon. Bruno T, trompetista de escaso talento, sofre serios trastornos mentais na súa maior ambición: a busca da esencia da arte. Casado con Rosa, xuíza prestixiosa, namórase perdidamente de Clara Santos, a muller do seu psiquiatra, Luis Portugal, un individuo sen escrúpulos capaz de calquera cousa por acadar éxito na súa profesión. A relación entre os protagonistas chega a ser obsesiva, apaixonada, absolutamente profunda. Bruno T, desequilibrado que pensa que o seu corpo é transparente, posúe unha particular visión do mundo e da realidade. O éxito, o absurdo da existencia, o amor desesperado, a sensación do fracaso e a esperanza mestúranse nesta breve novela que se mergulla no particular mundo do autor. A trama iníciase coa descuberta duns correos, por parte dun fillo de Bruno con ambición de novelista, que se cruzan Clara e Bruno T. A partir de aí o argumento gana en matices e avanza e retrocede para formar unha espiral que pretende facer párticipes aos lectores. No pasado de Bruno T está a clave para coñecer o seu presente: Silvia, unha muller de rubias trenzas. Os enigmas sobre a condición desequilibrada de Bruno T encontran sempre unha explicación, un motivo. O remate da novela, como na maioría das obras de Caneiro, é unha volta ao principio, configurando unha estrutura envolvente e que pretende ser grata dende a súa propia concepción estilística