O gato con botas, Caparuchiña vermella, Polgariño, a Cincenta, os músicos de Bremen, Hänsel e Gretel, Raponcio e Branca de Neve chegaron ós nosos días, narrados de xeración en xeración e en múltiples versións.
Os irmáns Grimm compilaron estes e outros contos para as familias burguesas de hai dous séculos. Nesta edición seleccionamos 45 dos relatos, traducidos ó galego directamente dende a súa versión orixinal e acompañados de ilustracións clásicas.