6 Poemas 6. Homenaxe A Federico García Lorca

Autor
Heleva Villar Janeiro/Suso Díaz Suso Díaz/Heleva Villar Janeiro
Editorial
Biblos Clube De Lectores
ISBN
9788415086512
Idioma
Gallego
Nº de páginas
69
Formato
Rústica
Colección
Rustica
15,80€

Sinopse Para os galegos, pensar no Federico García Lorca cultivador da nosa poesía é envolverse da sonoridade dos versos dun libro tan breve como valioso e acariñar o sentimento que a nosa fala produce na sensibilidade de quen se deixa levar pola súa musicalidade. Por iso pensamos neste proxecto colectivo para homenaxear o gran poeta universal con motivo da primeira viaxe que trouxo ao estudante mozo á Galicia, afastada da farándula andaluza, de luces e noites de bohemia. Queriamos imbricar esa musicalidade da nosa fala que atrapou a Lorca para sempre coa luz que o poema verque nos “Seis poemas galegos”. Ao mesmo tempo, pretendiamos facer un exercicio nada frecuente de creación colectiva dun poema, co que iso supón para as e os poetas de xenerosidade, entendemento, comprensión e adaptación á escrita, persoal e ben distinta, de cada un de nós. Dalgún xeito, queriamos rebater esa “lenda urbana” de egocentrismos imposibles de sandar, falla de capacidade de entendemento e necesidade de intimidade absoluta para poder crear versos. Ao tratarse dun libro de só 6 poemas, axustábase moi ben ao plano dun poemario non moi extenso por número de poetas e poemas. E así naceron os seis grupos de poetas que puxeron o seu saber, o compromiso e a paixón ao servizo desta iniciativa, que só coa súa xenerosidade puido levarse a cabo. Ademais, contamos coa colaboración de 6 ilustradores do país que dan cor á voz dos versos lorquianogalegos e cun deseñador de portada que lle puxo tamén unha cara ben lorquiana ao noso produto. Ademais, reedítanse os seis poemas do granadino, tendo moi presente o responsable de publicar unha obra tan importante para a nosa literatura. Ánxel Casal tivo a capacidade e o acerto de publicar ese libro, e non podía faltar o recoñecemento á súa persoa e á súa obra, que se lle fai en forma de acróstico. Pensamos que 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca ten particularidades que fan del unha obra necesaria para afondar na nosa creación, para dar un paso máis na literatura conxunta e para actualizar o valioso legado da nosa poesía. Cremos que a diversidade poética e pictórica acadadas é unha boa mostra da pluralidade e riqueza da Galicia que engaiolou o poeta asasinado hai 80 anos e que nos visitou por primeira vez hai 100. Estes son dous feitos importantes que queremos conmemorar con este poemario. PARTICIPANTES: Madrigal â cibdá de Santiago 1. Helena Villar Janeiro (coordinadora) 2. Marica Campo 3. Francisco X. Fernández Naval 4. F. R. Lavandeira 5. Xesús Rábade Paredes 6. Miro Villar Nolo Suárez (Ilustración) Romaxe de nosa Señora da Barca 1. Modesto Fraga Moure (coordinador) 2. Rocío Blanco Formoso 3. Alfredo Ferreiro 4. Alexandre Nerium 5. Emma Pedreira 6. X. H. Rivadulla Corcón Viki Rivadulla (Ilustración) Cántiga do neno da tenda 1. Marta Dacosta Alonso (coordinadora) 2. Xosé María Álvarez Cáccamo 3. Ledicia Costas 4. Paco Souto 5. Eva Veiga 6. Rafa Vilar Alfonso Costa (Ilustración) Noiturnio do adoescente morto 1. Yolanda Castaño (coordinadora) 2. Lucía Aldao 3. Xiana Arias Rego 4. Olalla Cociña 5. Gonzalo Hermo 6. María Lado Marita Martín Carmona (Ilustración) Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta 1. Suso Díaz (coordinador) 2. Miguel Ángel Alonso Diz 3. Xoán Carlos Domínguez Alberte 4. Baldo Ramos 5. Lorena Rei 6. Noelia Rodríguez Irene Silva Xiráldez (Ilustración) Danza da lúa en Santiago 1. Lucía Novas (coordinadora) 2. Alba Cid 3. Xosé Daniel Costas Currás 4. Rosa Enríquez 5. Míriam Ferradáns 6. Ismael Ramos Antón Sobral (Ilustración)