A Antropoloxía Da Auga

Autor
Anne Carson Shirley Jackson
Editorial
Chan Da Polvora Chan Da Pólvora Editora
ISBN
9788412590524
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
122
Formato
Rústica
Colección
Rustica
19,00€

A Antropoloxía da auga é ao tempo poema, ensaio e diario de viaxe, un texto desbordante que adopta a forma do pensamento que poda contelo. Valéndose de palabras en constante movemento, Anne Carson intenta reter as probas dun mundo coñecido que sabe xa fóra do seu alcance. Así, peregrina a paisaxe galega e a americana, os recunchos da familia e do espírito, a incomodidade do desexo ou a ansia de penitencia. E na caixa negra dese transitar queda rexistrado un mapa das súas relacións co xénero masculino, que se revela con máis elipses que liñas ou palabras que preferirían ser simplemente o impulso nervioso que convocan. É posible a iluminación mística sen que o fulgor da busca te acabe cegando? Pode un mal nadador moverse con fluidez nas augas da linguaxe? Cal é a densidade do incomunicable? Este libro fai preguntas coma quen trasfega un mar enteiro na cunca das mans e só se pode asistir con abraio á sede insaciable que se manifesta na escrita de Carson, unha figura capital das letras contemporáneas.