A Asasina

Autor
Alexandros Papadiamandis
Editorial
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788494121104
Idioma
Gallego
Nº de páginas
141
Formato
Rústica
Colección
Narración
15,00€

Unha pequena illa grega, Skiathos, e unha muller de sesenta anos, Khadula, son os dous piares sobre os que Alexandros Papadiamandis asenta a súa desconcertante novela A asasina, unha obra publicada orixinalmente en 1903 que a día de hoxe é considerada de forma unánime pola crítica unha obra mestra das letras gregas. A novela móstranos unha sociedade pobre, ensumida na penuria, sen esperanzas de ningún tipo, que habita un medio natural hostil, aínda que dunha beleza abraiante, onde, ao igual que na traxedia grega, o asasinato pode chegar a contemplarse como saída inevitable. Esta é, antes que nada, unha novela psicolóxica maxistralmente articulada, que foxe de axuizamentos e afonda na angustia do ser humano ante circunstancias extremas da vida. Trátase, en síntese, dunha obra magna da literatura grega contemporánea que logra conmover e sorprender. Máis dun cento de anos despois de ser escrita, A asasina non perdeu un ápice de vixencia.