Sinopse
Non é doado facer amigos nun novo instituto ós dezaseis anos, e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que seus pais a obrigan a ir á clase. Só Poch, o cantante morto de Derribos Arias, é quen de comprendela e manter longas conversas con ela de desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón. Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.