A Casa Grande De Romarigaes

Autor
SUSA MONTEIRO/AQUILINO RIBEIRO
Editorial
Faktoria K De Libros
ISBN
9788419213044
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
362
Formato
Cartoné
Colección
Tapa Dura
18,00€

Esta é a crónica dunha casa: dende a súa construción a mediados do século xvii até a súa decadencia e abandono a finais do século siglo xix. E é tamén a historia de Portugal dende a súa independencia de España, pasando pola invasión francesa, a guerra civil ou os recorrentes pronunciamentos militares. A modo de reportaxe contemporánea, pero facendo gala dun estilo poético e refinado que mestura con exuberancia a linguaxe erudita e a popular, desfila por estas páxinas unha dinastía de nobres que ao longo de case tres séculos acumulan relacións prohibidas, fillos ilexítimos, amores, traizóns, heroes ou mortes estrañas. Escrita en 1957 por Aquilino Ribeiro, o escritor portugués, xunto con Fernando Pessoa, máis destacado do século xx. A casa grande de Romarigães é un espello fascinante da historia moderna de Portugal e, por extensión, do resto de Europa: a confrontación entre a servidume da vida rural baixo a hexemonía do clero e a nobreza.