A Coelliña Marcela

Autor
Esther Tusquets María Hergueta
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788484647737
Idioma
Nº de páginas
48
Formato
Cartoné
Colección
Demademora
13,00€

Sinopse ...Os coellos brancos andaban sempre moi ergueitos e miraban de fronte cara adiante e , pola contra, os coellos negros andaban coa cabeza gacha mirando cara ao chan. Esa era a razón pola que os coellos brancos e os coellos negros nunca cruzaban as súas miradas... Marcela é unha coelliña distinta aos demais habitantes da súa comunidade. Non só polo seu ollo birollo, que lle tapan cuns anteollos afumados, senón porque non se adapta ás normas establecidas e por iso un día escapa. O seu seguinte destino é un poboado de coellos negros e brancos que funciona ao revés do seu lugar de procedencia. Mais no fondo, “todo era o mesmo: uns bebían a auga limpa e os outros a auga sucia, uns comían a herba fresca, e outros a herba seca, uns pisaban e os outros eran pisados”, reflexiona Marcela con amargura. Esta fábula, escrita en 1979, aborda cuestións como a educación en igualdade, o respecto polas diferenzas, a tolerancia e a convivencia entre culturas, razas e crenzas. A súa protagonista é rebelde, ousada e nada convencional; rexeita as inxustizas e procura a felicidade, fiel aos seus ideais.