A Comuna del Barruzo
Música e textos: Ugia Pedreira, Pierrot Rougier.
Ilustraciois: Mónica Justo.
A Comuna del Barruzo presenta dez cancióis representadas por dez seres qu’habitan a zona Eo-Navia. Tanto os dibuxos como as letras fain referencia a sitos físicos, á cultura patrimonial y á inmaterial da zona. Ademáis nos mostran xogos e alternativas saludables alredor da naturaliza. Tamén pequenos placeres como abrazar un árbol ou beilar col vento.
A comuna trabaya pra aumentar a sensibilidá auditiva dos nenos, nenas y adultos e propicia valores d’autoestima y aceptación de lo diferente. A Comuna del Barruzo é o primeiro libro-disco en galego asturiano pra nenios, nenias y adultos qu`inda lo son. Nel un amplio abanico de poetas eonaviegos ofrécennos unha mostra da riqueza literaria e lingüística d’este territorio fronteirizo pasada hasta fai pouco de manera oral de padres a fillos e fillas.