É estraño que un trazo característico das mulleres adultas, a aparición do pelo na pube e nos sobrazos, se considera un trazo masculino que debemos eliminar por completo para parecermos "femininas".
A presión para uniformar os corpos de nenas e mulleres ten que ver coa necesidade de facer recuar as mulleres ao imaxinario da menor de idade tutelada polos homes.
Dicir que a depilación é unha decisión persoal pódenos dar unha certa sensación de liberdade, pero cando depilarse ten premio social e non depilarse atrae o castigo, tal decisión deixa de ser inocente e pasa a ser política.
Bel Olid expón neste libro os motivos e os efectos da depilación da muller, incluídos a sumisión social e a inseguridade persoal.