A Cuestión Política Na Persoa E No Pensamento De M

Autor
XESÚS VÁZQUEZ MÉNDEZ
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484875802
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
245
Formato
Rústica
Colección
Rustica
17,95€

Se un escoita a testemuña de moitos dos estudosos que tiveron algún contacto con Heidegger , que presenciaron as súas leccións universitarias ou asistiron ás súas conferencias ou seminarios , é fácil quedarse coa impresión de que estiverón en presenza dun auténtico oráculo filosófico . Mais , o brillante futuro que parecía abrírselle a esta filosofía , rapidamente se escureceu ao caer sobre ela a sombra do nazismo . Pero é sobre todo despois da publicación dos Cadernos negros que , como sinala o seu editor Peter Trawny , o nome de Heidegger vai inevitablemente unido a un caso de disputa para todo o que queira adentrarse no seu pensamento . Parece , entón , que unha visión integral da súa filosofía non pode eludir esta cuestión , por moito que exista un inxente número de intérpretes que sondierán o nexo pensamento-politíca en Heidegger infundado ou baseado en malentendidos. Neste ensaio abórdase esta polémica co obxectivo de proporcionarlle unha resposta ou , cando menos , achegar sobre ela unha perspectiva filosófica que afecta ao corazón mesmo do pensamento heideggeriano . Basicamente , despois dunha breve referencia a certos feitos históricos , o traballo dividese en tres partes : coméntase algúns textos heideggerianos ineludibles de contido politico , preséntase o debate filosófico sobre o asunto Heidegger desde a selección duns poucos autores significativos e , por último , o autor ofrece unha visión da conexión entre filosofía e politica en Heidegger que explicaría o seu compromiso ideolóxico co nacionalismo .