Os enigmas e as intrigas dunha estirpe con orixes no Oriente e na nosa raia seca permanecen agochados de xeración en xeración. Unha noite, na que será a última cea, a verdadeira historia familiar vaise facer, de súpeto, presente. Imesquecible e emocionante procura no tempo e nas paixóns, A esfinxe de amaranto afonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. A prosa coidada, transparente e viva de Riveiro Coello consegue trtansmitir ao lector o alento dese pasado case mítico para constatar a conmoción reparadora da memoria.