Edición Conmemorativa 50 anos A esmorga publicouse por Editorial Galaxia en 1970, despois dunha primeira impresión na Arxentina en 1959, debido ás dificultades que presentaba a censura franquista para a súa saída en Galicia. Decontado, a novela converteuse nunha obra de referencia da literatura galega contemporánea.Co gallo dos cincuenta anos da súa aparición en Galicia, e en Galaxia, presentámola enriquecida coa obra de Diego Estebo, un dos ilustradores con máis proxección da nosa terra. Esta edición inicia a Colección Xohán Ledo, que quere lembrar e honrar o deseñador que marcou a liña gráfica das primeiras décadas de Galaxia.