A elaboración dun espectáculo teatral é un traballo colectivo que comporta aspectos moi diversos, desde os culturais ata os técnicos ou económicos. Esta obra presenta os diversos axentes que participan na fábrica do teatro, definindo polo miúdo o seu estatuto e presentando as súas funcións básicas: o autor dramático, o actor, o director de escena, o escenógrafo, o figurinista... Adoptando unha perspectiva histórica e técnica, Michel Pruner analiza a maneira en que as condicións materiais da escena contribúen a definir a escrita teatral.