A Galicia clásica e barroca ofrece unha visión distinta e renovada da historia de Galicia no período moderno. Se nunha primeira fase os historiadores desta época se ocuparon con preferencia do marco demográfico e económico no que se desenvolvía a vida das xentes, nos últimos tempos foron os aspectos culturais, educativos, relixiosos e os relacionados coa historia das mentalidades os que concentraron boa parte da atención historiográfica.