A Irmandade Da Uva

Autor:
John Fante
Editorial:
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788494121142
Idioma
Gallego
Publicado
2013
Nº de páginas
227
Formato
Rústica
16,00€

A irmandade da uva, igual ca o resto da obra de John Fante, non obtivo de primeiras nin a repercusión nin o éxito que, como cabe imaxinar, o autor italo-americano lle desexaba. Foi décadas máis tarde, grazas ao feito de que Charles Bukowski o amentase como referencia fundamental e dese en demostrar a admiración pola súa obra, cando gañou dunha sentada milleiros de lectores, e esta novela, a última escrita da súa man (antes de morrer publicaría outra que lle ditou á muller por mor da súa cegueira), tornou en texto fundamental para entender a traxectoria de quen adoita ser cualificado como precursor do realismo sucio. Narrada cun estilo directo e escasos enfeites estilísticos, a voz narrativa de Henry Molise, o alter ego de Fante, aborda a súa historia familiar cunha mirada adoito retrospectiva. Deste xeito, o autor trata, máis unha vez, os temas que máis o obsesionaban, coma tal, a pobreza, a incomunicación, os conflitos familiares, o peso abafante do catolicismo ou as dificultades para se facer un nome no mundo ...