A LUZ CO TEMPO DENTRO

Autor:
Xesus Rabade Paredes
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491518389
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
245
Formato
Rústica
15,00€

A luz co tempo dentro pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan. A pulsión e revelación da existencia, por un lado. Polo outro, a poderosa sede de plasmarse e autorrealizarse nos planos da ficción. Sempre máis próximo da terra que se pisa que da entelequia de ceos arelados, o autor é consciente de que unha elevada porcentaxe da xente apenas pode satisfacer a fame, collida na cadea de patróns invisibles, de estafadores que ninguén controla, de escravistas sen freo e de negreiros que a axeonllan e a atan á ruína.
O escritor sintoniza nestas páxinas cun grupo dos mellores intérpretes da terra e non casualmente aduce referencias de temas e de autores, da man dos cales, con reiteración, confesa: “O voluntario regreso ao ser da terra, a ese natural ritmo do tempo e das sazóns, significou acaso a etapa máis serena, harmoniosa e fecunda da miña singradura. Como unha recalada cando esa hora de ir recollendo velas se aveciña”.