Jorge Emilio Bóveda posúe un universo literario de seu, que foi desenvolvendo ao longo de máis de dúas décadas. A súa obra conxuga con habilidade a utilización de xéneros populares coa clara intención de contribuír a unha literatura culta.
O presente volume achéganos unha recompilación de trinta relatos curtos que abrangue dende os seus suxestivos e impactantes inicios até a súa adoita e serena madurez.
Se a persoa lectora está disposta a arriscarse, a transitar por atmosferas insás, a achegarse a sociedades embrutecidas, a recibir atinadas coiteladas ou a testemuñar o insólito, non o dubiden, A palabra salvaxe é unha excelente opción.