Contan as antigas lendas, que hai moito tempo, unha pequena aldea norteña, viuse ameazada polos incesantes ataques dunha criatura ancestral, o
temido “ Urco”.
A poboación viuse mermada nos últimos meses e as acometidas cada vez máis frecuentes facían prever o peor. Aquela noite celebrábase un ritual
milenario no poboado, as circunstancias deran un ilexítimo protagonismo a un valente pero inexperta Aloia.
Todas as miradas centrábanse nela, era a única de entre os máis novos que burlara ata o momento o implacable olfacto do temido cazador. A
predición da druída decretaría o seu futuro.