A Revolta Dos Indignados

Editorial:
Faktoria K De Libros
ISBN
9788415250258
Idioma
Gallego
Nº de páginas
80
Formato
Rústica
7,00€

"Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se ergue polas mañás para estudar, traballar ou para procurar traballo, xente que ten familia e amigos. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor aos que nos rodean. Uns considerámonos máis progresistas, outros máis conservadores. Uns crentes, outros non. Uns temos ideoloxías ben definidas, outros considerámonos apolíticos... Mais todos estamos preocupados e indignados polo panorama político, económico e social que vemos ao noso arredor. Pola corrupción dos políticos, empresarios, banqueiros,... Pola indefensión do cidadán de a pé. Esta situación máncanos a todos acotío. Mais se todos nos xuntamos, podemos cambiala. É moita hora de botarse a andar, hora de construír entre todos unha sociedade mellor."