A Rolda Nocturna

Autor
Sarah (1966- ) Waters
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498652505
Idioma
Gallego
Nº de páginas
524
Formato
Rústica
Colección
Literaria. Biblioteca Compostela de narrativa europea
23,95€

Premio Novela Europea Casino de Santiago 2008 A novela desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidade sufrira os bombardeos dos avións alemáns, e conta os acontecementos e os sentimentos que van unir os destinos de catro mozos que intentan superar a memoria das privacións e os sufrimentos padecidos. A novela de Sarah Waters pescuda nas raíces da vida de catro personaxes que, no Londres de 1947, sofren as consecuencias da guerra. A novela persegue o fantasma do pasado que obsesiona a Helen e que fai esmorecer a relación prohibida que mantén con Julia, unha autora de éxito a quen coñeceu durante a guerra. Indaga nas razóns polas que Kay, unha heroína dos bombardeos, vaga inconsolable polas rúas da cidade ou na historia de Viv, unha muller nova e engaioladora que non consegue abandonar o seu amante, antigo soldado casado e cabeza de familia.