LETRAS GALEGAS 2023 Editorial Galaxia, fundada en 1950, foi o punto de encontro, o proxecto compartido entre os sobreviventes do galeguismo anterior á Guerra Civil e as novas promocións intelectuais que agromaban daquela a unha empobrecida sociedade galega. Este libro, de Francisco Fernández del Riego, é a narración da aventura cultural e política protagonizada por un feixe de homes que, nos anos máis escuros do franquismo, loitaron pola pervivencia da identidade de Galaxia; é a crónica daquela singular tarefa de reconstrución, contada por un dos seus principais protagonistas.