Aconteceres é unha obra da autoría de Bieito Ledo. Na ópera prima o director de Ir Indo Edicións asume o rol dun contador de historias, baixo o punto de vista da súa experiencia. Toma por primeira vez a pluma para presentar a súa inédita faceta de escritor. Ledo desenvolve un conxunto de historias, anécdotas e contos de doada lectura, asumindo o rol dun contador de historias, oficio vello e nobre do coro tradicional das aldeas galegas. Esta obra recolle diferentes vivencias do autor que se ganduxan aparentemente sen orde nin estrutura, pero cun nexo de unión clave: o punto de vista do autor, que nos presenta as súas reflexións dende a súa experiencia vital, ora en forma de chanza, ora en forma de profunda serenidade.