Este libro conta anacos da vida dunha nena normal, pero non "completamente" normal.
Adelaida é tremenda, como din os que a coñecen. Unha rapaza espilida, curiosa e con poderes un pouco estraños. Adelaida ten un bo compañeiro de aventuras no seu curmán Henrique, moi afeccionado a internarse nas fragas e a facer amigos entre os seres que nelas habitan.
Por estas páxinas anda tamén a familia dos dous rapaces. E unha mestra, e un alcalde, e un garda municipal, e ata un santo...