Sinopse Esta Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega 1196-1981 publicada en 2010 e presenta, en edición bilingüe galego-inglés, sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos. Todos os xéneros están representados: narrativa (tanto para adultos como infantil e xuvenil), poesía, teatro e ensaio. En todos os casos, agás en seis, os autores mesmos elixiron os seus textos. Este segundo volume ofrece unha selección completa da mellor literatura galega producida ao longo dos últimos trinta anos, con nomes familiares como os de Manuel Rivas e Chus Pato acompañados dun abondoso talento ata o de agora en boa medida por descubrir. Ambas as dúas foron escolmadas por Jonathan Dunne, tradutor de prestixio, que se encargou da edición. Sesenta textos de sesenta autores ofrécense nesta nova antoloxía en edición bilingüe galego-inglés, incluíndo todos os xéneros: narrativa de ficción (tanto para adultos como infantil e xuvenil), poesía, teatro e ensaio. Este novo volume ofrece unha selección completa da mellor literatura galega producida ao longo dos últimos trinta anos, con nomes familiares como os de Manuel Rivas e Chus Pato acompañados dun abondoso talento ata o de agora en boa medida por descubrir. En edición bilingüe (inglés-galego), a Anthology of Galician Literature, 1981-2011 nace para espallar a creación literaria en lingua galega polos grandes ámbitos académicos e profesonais onde as letras circulan: universidades, centros de estudos do hispanismo e a lusofonía, lectorados de lingua galega, asociacións de tradutores, axentes e críticos literarios, medios de comunicación especializados, editoras comerciais, bibliotecas, feiras internacionais, etc. Non renunciamos á utilidade da obra en centros docentes e en aulas de literatura (universitarias e de bacharelato). Mais a presente escolma quere ser, fundamentalmente, unha proposta ordenada do noso presente literario