Sinopse
Este libro fala desas cousas que sendo moi importantes, non se poden mercar con cartos.
Fálanos de Area, que vai facer seis anos. E como calquera nena do seu tempo espera unha morea de agasallos, todo iso que anuncian pola tele. Quéreo! Necesítao!
Sen embargo, os seus pais pedíronlle a todos os amigos e amigas convidados á festa na casa (nada dun sitio deses de bolas) que non lle merquen nada.
É que seus pais a odian? Que é iso de que non lle merquen nada? De sabelo, non os cumpre e queda con cinco para sempre...