Devolver a voz aos protagonistas da Historia é un dos obxectivos deste libro singular. A partir dunha correspondencia de máis de duascentas cartas escritas ao longo de cincuenta anos, reconstrúese a vida dunha familia de emigrantes galegos en América. Testemuño directo, cálido e verdadeiro, con ''As cartas do destino'' os lectores e lectoras chegan a compartir e entender as arelas, preocupacións e ideais que moveron a centos de milleiros de galegos a atravesar o Atlántico. Unha procura alenmar que acabaría revertendo en Galicia