As Frechas De Ouro

Autor
John Rutherford
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788482887579
Idioma
Gallego
Nº de páginas
252
Formato
Rústica
Colección
Literaria
15,20€

Unha orixinal e persoal viaxe polo Camiño de Santiago é a que nos ofrece John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941) neste libro. O autor, que é profesor de lingua e literatura hispánicas no Queen's College de Oxford, amais de director do Centro de Estudos Galegos da mesma universidade, escribiu este libro nun galego cheo de ironía e humor. As dificultades e satisfaccións dos peregrinos, a súa vivencia cotiá reflíctense nunha viaxe literaria na que ficción e realidade se superpoñen e mesturan para acadar unha obra deliciosa, unha sorpresa para as nosas letras