Unha análise dos cambios económicos e sociais entre 1981-2009. Transcorreu xa tempo abondo para valorar as bondades e fraquezas da autonomía. Máis de vinte e cinco anos despois, é o momento de analizar os resultados. Este libro responde a esa demanda ao estudar os cambios e transformacións que se produciron en Galicia como consecuencia do goberno autonómico.Os anos da Autonomía coinciden cos de maior desenvolvemento da sociedade galego. Os traballos que se recollen neste libro parten desa constatación amais de teren en conta a incidencia doutros factores -contexto internacional e o papel da Unión Europea- á hora de estudar o acontecido durante un período no que Galicia goza de autogoberno para organizar e construír o seu presente. O cambio social, a análise económica, o territorio e a súa ordenación, o sistema sanitario galego, os medios de comunicación, o longo proceso de normalización lingüística e o devir da cultura son os eixes temáticos desta pormenorizada análise, que reflicte unha etapa de máis de vinte anos de período autonómico