Bambi. Unha Vida Na Fraga

Autor:
FELIX SALTEN
Editorial:
Editorial Galaxia
ISBN
9788491518266
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
212
Formato
Rústica
24,00€

Bambi é un pequeno corzo, un caparriño bulideiro que vive baixo a protección da nai, que vai descubrindo as marabillas do bosque, a beleza da natureza, da amizade e da familia, pero tamén a soidade e a morte, onde El, o cazador, é o maior de todos. Conforme vai medrando vaise facendo máis independente e solitario, e neste proceso vese abeirado polo vello príncipe soberano, que lle abrirá a porta aos segredos máis descoñecidos do bosque. Este clásico de Felix Salten, escrito en 1923, é unha chamada aos valores que deben rexer a vida e o respecto polos demais, uns valores universais que non se deben esquecer nin deixar de compartir.