Trazado da división imperceptible entre soño e realidade, subxectividade e obxectividade Unha novela na que Alfredo Conde trata, unha vez máis, un dos temas recorrentes da súa obra narrativa: a difícil fronteira que separa a realidade do soño. Mesmo Aia, a moza inventada por Breixo nos seus longos monólogos, acaba existindo de verdade.