Camiño perigoso

Autor:
Loureiro, Ánxela
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788491217855
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Formato
application/epub+zip
6,99€

En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura. A narración mestura acción, drama, amor e toques humorísticos nunha historia que viaxa polo Camiño de Santiago.