Esta obra á o debut literario de Lito Vila BaleatoUnha trepidante novela en que non temos tempo para respirar. Iago Miranda, profesor compostelán en Alemaña, recibe unha inquedante mensaxe dun amigo da infancia que indaga a morte dunha estudante Erasmus acontecida quince anos atrás. O protagonista volve a Santiago procurando resolver un misterio que o levará de volta á Compostela de finais dos noventa e principios do milenio, ao tempo das esmorgas no Campus, aos amores da mocidade mal solucionados e a mortes que semellan non ter relación entre si. Pola novela cunha Compostela tamén protagonista, desfilan persoas que poderían ser os nosos veciños, os nosos familiares, incluso os nosos amores. Todos cunha cara B inconfesable. Todos, chegado o caso, dispostos a matar.