CANDELA E O ESPELLO MAXICO

Autor
Andrés Villar Murillo
Editorial
Editorial Toxosoutos
ISBN
9788412812220
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
Colección
Rustica
12,00€

Candela é unha nena de oito anos extravertida, simpática e rebuleira. Gústalle gozar da natureza, algo que aprendou do seu avó.É meticulosa coas súas cousas. Non soporta ver lixo tirado no chan. A pesar da súa curta idade, é moi responsable co medio natural: gústalle plantar árbores e frecuentemente acompaña ao seu avó en longos paseos pola beira do río ou subindo polos montes próximos á súa vila. Unha tarde despois do colexio, Candela atopa un espello no lixo. Aquel espello ten a virtude de limpar toda a suciedade que se reflicte nel e ela comparte o segredo co seu avó. Porén, había algo que os inquietaba, porque ningún dos dous podía verse nel. Iso os ten un pouco preocupados, pero pensan que o espello máxico é tan especial que só se poden reflectir nel as cousas malas que nos rodean, coma o lixo, e non os que teñen un espírito libre ou levamos aínda un neno dentro. Ese poder de imaxinar e facer maxia só está reservado a uns poucos.