Chirlosmirlos: Enciclopedia Dos Xogos Populares
Sinopse
Chirlosmirlos é un libro de divulgación para estender e relembrar a arte de xogar. Con ser esta unha obra de alto contido etnográfico, de recolleita histórica, está concebida cun criterio eminentemente práctico e de fácil comprensión, para o seu uso no ámbito familiar, así como en centros escolares, asociacións, colonias, campamentos, ou nas actividades dos concellos.
Esta enciclopédia contén numerosas ilustracións explicativas de cada xogo; e tamén as partituras de moitas cancións, producto dunha laboriosa transcrición musical.