Sinopse Sinalado por THE COMICS JOURNAL como un dos «100 mellores cómics do século xx», El Patito Editorial publica en lingua galega —e en versión do escritor Xavier Queipo— a novela gráfica Cidade de Cristal. Da man de Paul Karasik na adaptación e da concisa e expresiva pluma de David Mazzucchelli na ilustración, a novela de Paul Auster foi sorprendentemente transformada a unha nova linguaxe, «creando —na aguda observación de Art Spiegelman— un estraño doppelganger do libro orixinal». O traballo na tradución do recoñecido escritor galego Xavier Queipo —bo coñecedor da obra de Auster, co que comparte o ter acadado o Premio Juan de San Clemente— é un atractivo engadido ao xogo de espellos que conforma esta obra mestra da novela gráfica