Constelación de Ío quere ser unha porta de entrada ao mundo do pensamento fantástico dos rapaces, unha aventura que introduce os lectores nun xogo de preguntas dun neno que descobre o mundo e se sorprende por vez primeira ante el.
Un libro que é coma un brinco, literatura coa que nos interrogar e pensar.
Na fronteira entre xéneros, sitúase esta primeira achega narrativa de Xosé M. Eyré, na que o autor explora as reaccións dun neno ante a realidade do mundo, unha viaxe entre imaxinación e razón, entre creación e pensamento. Un libro inclasificable porque non encaixa en ningún molde preestablecido, nin deixa acougar o lector. Literatura para gozar e coa que preguntarse, para intervir no texto e manterse activo.
(presentación editorial)