Sinopse
Por primeira vez publícanse en galego os Contos completos de Edgar Allan Poe e faise nunha edición sistematizada, que segue a orde cronolóxica e o texto establecido pola edición canónica de The Library of America.
A obra contística de Poe é unha das que fundan a tradición literaria moderna, salientando como precursora en diversos subxéneros coma o policial e o de misterio. A súa influencia nos autores posteriores chega ata hoxe e a súa tradución sistemática para o galego ten relevancia, ademais, pola papel central do conto na tradición literaria do noso país