CORRESPONDENCIA ENTRE MANUEL MARIA E XOSE NEIRA VILAS

Autor:
MANUEL FERREIRO/XOSE RAMON FREIXEIRO
Editorial:
Xunta De Galicia*
ISBN
9788494571480
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
278
Formato
Rústica
15,00€

Vén de saír do prelo o libro "Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas (1957-1997)", edición a cárrego de Manuel Ferreiro e Xosé Ramón Freixeiro Mato. 

A publicación da Casa-Museo Manuel María recolle o epistolario entre estes dous autores fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. Ambos mantiveron unha intensa relación por correspondencia, nomeadamente na década de 60 e nos primeiros anos da seguinte, que se foi transformando nunha amizade epistolar sustentada no compromiso mutuo coa lingua e a cultura galegas e coas clases populares.